Reunión Concellal de Trafico, Carlos Lopez Font.
Venres, 7 de Outubro de 2011, ás 12:00 horas
Entre outros asuntos trataronse os seguintes:
Camiño do Pombal, poñer en unha marxen da rúa sinal de prohibido aparcar e pintar a marxen para que non aparquen os coches e deixar a zona para os peóns, dada a cantidade veciños que utiliza a rúa, en especial en horas do colexio, que teñen que andar polo medio da rúa.
Rúa Jenaro de la Fuente a caron da rúa Ramón Nieto (peonil), beirarrúa que necesita ser rebaixada no paso de peóns nese cruce.
Rúa Palencia, nº 2, solicitud dunha praza máis de aparcamento para minusválidos
Rúa Aragón, fte, o nº 58, hai un camiño en rampa que vai para os nºs. desta rúa como son o 51, 53, 55, 57 entre outros, camiño sin saída, solicitar que poñan unha sinal de prohibido aparcar no marxen dereito e pintado para os peóns, para que non aparquen os coches, xa que hai xente maior que necesita a barandilla para subir e baixar a costa, e se están os coches non a poden utilizar.
Rúa Toledo, poner a rúa nun só sentido con dirección dende Jenaro de la Fuente a Cantabria, pintar a zona, e señalización de 30 km/h, con un paso de peóns elevado, para evitar que anden a máis velocidade, tamén onde no hai beirarruas pintar a zona para que nón aparquen e asi ter un espacio libre de coches para os peóns.
Rúa Fontans, solicitamos unas horquillas para que os coches non aparquen nas zonas pintadas para beirarruas , pois nón as respetan e aparcan tendo os peóns que sair o medio da rúa con o perigo que esto conleva tamen solicitamos un paso de peón elevado para evitar a velocidade, xa que nón respetan as sinais de 30 Km/h.
Rúa Segovia: nesta rúa entrando na mesma a dereita hai unha baixada para dous aparcamentos e unha carpintería, aparcanlle os dous lados da mesma, e nón deixan as veces os veciños entrar no seu garaxe e moitas veces impiden que os camións que veñen a carpintería poder entrar a descargar ou cargar. Solicitamos que nunha marxen se poña una sinal de prohibido aparcar e pintado nesa marxen para peóns e horquillas para evitar que aparquen.
Todas estas peticións entregadas en man hoxe o Concellal de trafico, xa se habían denunciado por rexistro no Concello, con fotografias e planos explicando o que solicitábamos con toda claridade.
Esperamos que estás peticións se fagan o antes posible.
Xunta Directiva
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario