viernes, 16 de mayo de 2008
Dia das Letras Galegas 2008
Lectura dalgunhas poesías no acto celebrado no Calvario.
Andamos tolos, buscando
a fala do negro soño
que te despertou chorando.
Túa nai di que é un paxaro,
e eu coido que ha ser o vento
que asubía no tellado
Agardai, que vou pillado
e heino de meter -ao vento!-
na buraquiña dos ratos.
Daquela,
ti durmirás miña nena.
-------------------------
María Balteira, da saya çintada,
foy por guanhar mui boa soldada
ena sazón que se fezo cruzada.
Por én, bailemos aquesta bailada.
Pero d`Ambroa quis [guanhar] perdón
e logo lli deron Bal[teira] per don,
porque tragase levado o pendón
Por én, bailemos aqueste bóo son.
[María] Balteira e Pero d`Ambroa
[forom] guanhar perdón e coroa,
que mui mais valen que viño e boroa.
Por én, bailemos bailada mui boa.
Pero d`Ambroa e María Balteira
punhan agora pela deanteira
et per cuisir quen chus se marteira.
Por én, bailemos bailada legeyra.
Autor: Xose María Alvarez Blazquez, homenaxeado no Dias das Letras Galegas 2008 (17 de Maio de 2008)
miércoles, 14 de mayo de 2008
RUA SORIA
¡¡Por fin !! Despois de tantos anos solicitando o adecentamento desta rúa, e xa están con as obras, comenzaron onte.
Teñen que retranquear o muro, para que teñan un mellor acceso os usuarios dos garaxes para poder entrar e sair dos mesmos, e facer o camiño peonil que une esta con a Rúa Palencia.
Despois poremos a fotografia de como queda a finalizar as obras.
martes, 13 de mayo de 2008
Suscribirse a:
Entradas (Atom)