Retomar no barrio e na cidade o Certame de poesía en galego, que tanto éxito tivo nas edicións anteriores.
1. O Certame pretende fomentar a participación literaria.
2. As obras deberán ser orixinais, inéditas e estar escritas integramente en galego.
3. As obras terán unha extensión máxima de 50 versos.
4. Os traballos presentaranse con pseudónimo e baixo plica pechada na que figuren os datos do/da participante e por fóra aparecerá o pseudónimo co que asine a obra.
5. Na plica incluirase o nome, enderezo, telefono, e-mail, e unha fotocopia do DNI.
6. As obras irán co pseudónimo ou lema.
7. O gañador deberá asistir á entrega de premios ben persoalmente ou designando a alguén para que o represente.
8. Os premios poderán ser declarados desertos, se así o ditamina o xurado.
9. Os traballos presentaranse con tres copias impresas en papel.
10. Os orixinais non premiados non serán devoltos.
11. A A.VV. Calvario reservase o dereito de publicación das obras que resulten premiadas.
Premio: Establecese un premio de 300 € para o primeiro. O segundo será de 200 €. E o terceiro recibirá 100 €.
Entrega das obras: por correo ou en man na Asociación de Veciños do Calvario, sita na rúa Martinez Garrido, 12, 36205 Vigo, nun sobre no que figure X Certame de Poesía do Calvario.
Este Certame terá lugar ó 17 de Maio de 2011, coincidindo con o Día das Letras Galegas. Este día daranse a coñecer os nomes dos gañadores.
Vigo, 08 de Abril de 2011
Xunta Directiva
viernes, 22 de abril de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)