No mes de Abril comezan novas actividades así como xestións feitas dende a xunta directiva da Asociación, entre outras son as que seguen:
Teatro para nenos
Taller Teatral Grupo Enxebre (taller experimental)
Impartido pola actriz e directora artística Elba Torres
Idades comprendidas entre os 12 e18 anos
Xoves de 18 a 29 horas, comeza o 7 de abril, prezo 20 €/mes
Tai-chi
Martes e Xoves de 11:30 a 12:30 horas, comeza o 5 de Abril, matricula 10 €, subvencionado pola Deputación de Pontevedra
Curso de Iniciación a Fotografía
Luns de 18:00 á 19:30 horas, comeza o 4 de Abril ó 6 de Xuño, prezo do curso 20€
Viaxe en Semana Santa a Toledo-Talavera de la Reina.
O xoves 24 de Marzo, ás 18 horas, terá o acto de inauguración da Biblioteca Pública Municipal "Xosé Neira Vilas", na que se realizará un extracto do monólogo de "Memorias dun neno labrego" a cargo de Cándido Pazó. Para realizar esta obra esta Asociación tubo unha gran implicación para que se levara adiante.
Moi pronto presentaremos no Calvario o Libro de Poesía en galego, libro que contén as poesías que se presentaron nos nove Certames de Poesía feitos ata agora na Asociación, subvencionado pola Deputación de Pontevedra.
En próximas datas haberá unha exposición de fotografías antigas do barrio, no Instituto "Castelao" do Calvario, na Escola de Idiomas e na Asociación de Comerciantes do Calvario, colaboraron nesta exposición o Instituto Castelao, a Asociación de Comerciantes e a propia Asociación de Veciños, así como moitos veciños que nos cederon as fotos para levar a cabo esta memoria fotográfica.
Tamén estamos traballando conxuntamente coa Asociación de Comerciantes, no libro de fotografías antigas do barrio, que se presentará proximamente.
Temos a vosa disposición as solicitudes do Concello de Vigo para disfrutar dos Balnearios, financiados conxuntamente pola Deputación de Pontevedra e a Concellalía de Benestar social, para estas datas.
Están na Asociación os planos das obras de humanzacion das rúas Aragón e Martínez Garrido.
Para máis información estamos no local da Asociación de 18 a 20 horas de luns a venres, reciban un cordial saúdo veciñal.
lunes, 21 de marzo de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)