Xornal Vigo: Os orzamentos municipais de 2009 incrementan o gasto un 6%<br />: "Os orzamentos municipais de 2009 incrementan o gasto un 6%
O goberno local aprobou este venres os orzamentos do Concello para 2009, que ascende a 227 millóns de euros, dos que 214 se destinarán a gasto efectivo, un 6% máis que en 2008, e os investimentos reais acadan os 21 millóns de euros, un 4,5% máis que no pasado exercizo. O alcalde salientou o 'esforzo' do goberno en humanizacións que, con 9,4 millóns, representa o 45% dos investimentos totais.
1 de 1
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu conta este venres da aprobación dos orzamentos municipais para 2009, en sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local. A cifra ascende aos 227 millóns de euros, dos que 214, un 6% máis que en 2008, se destinan ao gasto efectivo.
Abel Caballero explicou, acompañado pola edil de Economía e Facenda, as dúas orientacións principais do goberno local á hora de elaborar os orzamentos: os investimentos 'que fan cidade' e os gastos sociais. Segundo o alcalde, o 'esforzo do goberno para o desenvolvemento e mellora da cidade' se ratifica no incremento dun 6% do gasto.
Ademais, os investimentos reais tamén se incrementaron nun millón de euros, un 4,5% mái"
sábado, 25 de octubre de 2008
Suscribirse a:
Entradas (Atom)