Hoxe 10 de Febereiro ás 20 horas, no Museo do Marzo, rúa do principe, acude!!!
MANIFESTO APOIO XUIZ GARZÓN
"O xuíz Baltasar Garzón exerceu unha xustiza de forma continuada e valente durante vinte anos na Audiencia nacional, comprometida coa defensa dos dereitos humanos en España e no mundo contra ditadores, terroristas, corruptos e inimigos da democracia. Foi un dos principais promotores do desenvolvemento en España do principio de Xustiza Universal e agora está sendo vítima dunha campaña promovida por sectores da extrema dereita, Falange Española e Manos Limpias. O porceso é en realidade un xuizo sumario contra os defensores da democracia , a xustiza e os dereitos humanos e a favor da impunidade de crimes contra a humanidade e non podemos esquecer que está a ser xulgado por unha sala do Tribunal Supremos na que a maioría dos seus membros xuraron lealdade ao Movemento nacional do franquismo. Baltasar Garzón representa o modelo de xustiza baseado na defensa dos dereitos humanos conforme co dereito internacional que millóns de cidadáns e vítimas reclaman en todo o mundo, incluida a ONU que xa en 2088 e através do Comité de Dereitos Humanos recomendou ao Estado Español a derogaci-on da preconstitucional Lei de Amnistia de 1977. Este caso volve a demostrar a necesidade da Xustiza Internacional incluso en España, o país que tentou procesar ao ditador Pinochet, é incapaz de xulgar a súa propia ditadura e o que o tenta é xulgado por iso".
viernes, 10 de febrero de 2012
martes, 7 de febrero de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)