viernes, 10 de diciembre de 2010

RECOLLIDA DE XOGUETES NA A.VV.CALVARIO

Xa comenzaron a chegar xoguetes a Asociación de Veciños do Calvario, para a campaña "cada niño un juguete", estamos para recibibos de 18 a 20 horas de luns a venres, animaros, solidaridade cos nenos/as que non teñen, estes xoguetes va para a Asociación AFAN e Aldeas Infantis, Grazas e saúdos

Recollida de Xoguetes na campaña en Vigo, “Cada Neno un Xoguete”, poden deixalos no noso local, xoguetes novos ou que estean en bom estado.

Centro de Saúde da Doblada

No Centro de Saúde da Doblada, estanme a contar os veciños/as, que os médicos no dan abasto, xa que non repoñen os médicos que están de baixa ou collen vacacións, hoxe según me contan eran as 20:30 horas, e a única médica que estaba atendendo, porque as enfermeiras terminan as 20:00 h., ainda tiña polo menos uns 7 pacentes máis, isto si é verdade, non o podemos consentir! Non dan a basto! Como se pode? Nón poden deixar unha praza dun médico por unha baixa, teñen que repoñer, ¿ é de aqui, da sanidade, que queren recortar por causa da crisis? Nón podemos deixar que fagan isto!!

O luns membros da Xunta Directiva iran falar con o Centro de Saúde, dependente do Sergas, para enterarse ben destas denuncian que nos fan os veciños, e actuaremos en consecuencia.
Un saúdo

jueves, 9 de diciembre de 2010

Actividades Decembro 2010

Aproveitamos para comentaros os actos que hai previstos para estas datas.

 Ioga
Ademais do horario de 9:45 a 11:00 h. ampliase agora tamén de 11:00 a 12:15, debida a demanda fanse dous cursos, os días son luns e venres.

 Recollida de Xoguetes na campaña en Vigo, “Cada Neno un Xoguete”, poden deixalos no noso local, xoguetes novos ou que estean en bom estado.

 Rondalla Helios de Bembrive
Venres 24 de Decembro ás 17:30 horas, Pase por toda a zona peonil de Urzaiz, con paradas e actuacións no Mercado do Calvario

 Carteiro Real
Venres 31 de Decembro ás 12:00 horas da maña no Mercado do Calvario

 Curso de Axedrez
Descubrir el Axedrez, duración 50 horas de xaneiro a xuño, prezo adultos 20 €/mes, nenos 15 €/mes. Para información na Asociación

domingo, 5 de diciembre de 2010

LO TERIA DE NADAL 2010

LOTERIA DE NADAL Nº 81874

Lembramoslle que temos a Loteria de Nadal en participacións de 5 €, poden recollela no local de 18 á 20 horas de luns a venres.
Sen outro particular, reciban un cordial saúdo vecinal.