Estimado soci@: Vigo, 10 de Outubro de 2011
Unha vez máis poñemonos en contacto para achegarvos información dos distintos eventos e actividades para este outono.
Presentación de libro de poesías editado pola asociación “O Calvario, un mundo de poesía”. Mércores, 19 de Outubro ás 20 hora, no Centro Social do Calvario (antiga Cultural), rúa Numancia, 7. Haberá un recital de poesía a cargo de Carmeliña García, Premio Nacional de Declamación. O Libro foi subvencionado pola Deputación de Pontevedra.
CERAMICA
Horario: Venres de 18:00 á 20:00 horas. A Cerámica é o material máis antigo do mundo dentro das civilizacións son parte da nosa vida diaria e toman formas das que non podríamos prescindir. Aquí en Galicia temos unha arraigada tradición de alfareiros. A monitora se encarga de levar o forno os vosos traballos, O barro ou arcilla é barato. Prezo 15 €/mes.
TALLER DE PAPIROFLEXIA – ORIGAMI 3D
Horario: Xoves de 18:00 a 20:00 horas . Este é unha parte da papiroflexia. Arte oriental, orixinaria do Japón, na cual por medio de crear unhas pezas, podemos conseguir a creación de figuras variadas, como pode se unha cesta, pavos, cisnes candelabros, lámparas, etc. Prezo 12 €/mes.
CURSO DE MANUALIDADES (Decoración de obxetos), Xoves de 18:00 a 20:oo horas, 17 €/mes
CURSO BASICO DE FOTOGRAFIA DIXITAL
Duración de 2 de Novembro a 24 de Xaneiro, horario Mércores de 19:00 a 20:30 horas. Aprende a sacar partido a tua cámara para realizar fotografías con boa calidade. Aprenderas as diferentes técnicas básicas, para poder fotografiar situacións nas que poidas encontrar como facer un retrato, plasmar un paisaxe ou fotografiar teu deporte favorito. Este curso te iniciará a todas esas cousas que podemos facer con unha camára de fotos. Prezo 45€/curso completo (15€/mes).
CURSO DE PILATES (Subvencionado pola concellería de Igualdade)
Comezá o día 2 de Novembro, horario: luns e mércores de 10 a 11 horas, (só para mulleres), prezo de matricula 10€, duración 60 horas.
XADREZ
Curso escolar 2011-2012, no centro Xadrez Galego, s.l. rúa Reiseñor, 15 tfno. 986260259
CORAL
Precisamos persoas para integrarse no coro da asociación, horario sábados de 20:30 a 21:30hrs.
EXPOSICION DE ARTESANIA
Mantas manteles pintados, tocados de noiva e madriñas, diademas de nena, etc. Luns e venres a partir das 16:30 horas.
CHARLA COLOQUIO
Recetas con alimentos ecolóxicos. Impartida por Freddy Acevedo Naturópata, colabora Alma-Zen Alimentación ecoloxica tenda no Mercado do Calvario, data xoves 29 de Outubro ás 19:30hrs.
EMBARCATE CON VIGO
Dous novos destinos con saída de Vigo no 2012, con un barco máis grande “Gran Mistral”, un o Norte e outro o Sul, a partir de 352 €. Como dende o inicio deste proxecto dende a Asociación apostamos porque esta cidade teña un porto base de cruceiros. Anotate na asociación.
CEA BAILE DE CONVIVENCIA
Restaurante Botón de Ancla (IFEVI)
Sábado 26 de Novembro ás 22:00hrs.
Menú: Entremeses variados; Vieiras a Galega; Solomillo Iberico, con garnición; postre e café; bebidas: branco treixadura, tinto rioxa crianza, aguas minerais, refrescos e agardente; música baile e autobús. Anotacións: Martinez Garrido, 12 ou Tfnos. 986271187 – 669144268
Saída autubús dende Asocación ás 21:30hrs.
Prezo: 37€/persoa a pagar na cta. 2080/5020/01/3040030014 – Novacaixagalicia;
Último dia de anotación e pago venres 18 de Novembro.
LOTERIA DE NADAL Nº 87832 Lembramoslle que xa temos a Lotería de Nadal en participación de 5 €, poden recollela no local de 18 á 20 horas de luns a venres.
Información e anotación dos cursos e actividades, no local de Martinez Garrido, 12 en horario de luns a venres de 18:00 á 20:00hrs.
Sen outro particular, reciban un cordial saúdo vecinal.
Xunta Directiva
viernes, 14 de octubre de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)