viernes, 23 de mayo de 2008
VIAXE A CIES
O viaxe programado para o dia 28 de Xuño, as Illas Cies xa está cuberto, a saída será ás 10 horas da mañán, dende o peirao da Estación Maritima, frente a Media Mark, (onde estan os remolcadores).
Estamos anotando xente para outro viaxe pero ainda non sabemos o día. O precio é o mesmo.
jueves, 22 de mayo de 2008
Visita en barco o Porto de Vigo
Invitados polo Presidente do Porto de Vigo, organizamos viaxes dende o barrio para coñecer o Proxecto dde Ampliación do Porto, e realizar unha viaxe pola ría para explicarnos "in situ" a idea que tiñan.
martes, 20 de mayo de 2008
¡ A LOITA DO BANDEIRA CONTINUA !
Dende a A.VV. Calvario, apoiamos a idea da plataforma “Outro Vigo é posible”, acerca da “Panificadora como futura biblioteca pública”.
Apoiamos a idea e pensamos que hay que conservar edificiacións antiguas que constituiron a historia desta cidade como é o Edificio da Panificadora, empresa que empregou a tantos traballadores, e que foi unha pioneira no sector de panaderías.
Pero tamén desexamos que tomen conciencia doutro edificio no Este de Vigo, tratase do Edificio Bandeira, levamos loitando dende o ano 1985, para que este fora un lugar emblematico para a zona.
Logramos que fora un Edificio a Conservar, pero o Concello, daquela o alcalde Lois Castrillo, non se presentou na subasta en Pontevedra xa que o Edificio estaba embargado.
Mercaronlo, venderonlo, sempre escpeculando e agora o promotor que quería facer un centro comercial nele resulta que está na cárcere por blanquear diñeiro do narcotrafico.
Polo que temos que comenzar unha nova loita para que este edificio sexa para os cidadans do Calvario e de Vigo en xeral. ¡ Vai ser dura ! Pois van a entrar máis administracións, con as que teremos que "lidar"
Nos próximos días publicaremos toda a historia, con fotografías e documentación que temos acerca do Edificio Bandeira. Como dixemos dende o ano 1985, xá reivindicavamos o edificio para fines sociais.
Esperamos que nos aporteis ideas, fotografias deste tema e tamen apoio para seguir adiante con a loita.
Gracias e boa sorte
Suscribirse a:
Entradas (Atom)