jueves, 10 de noviembre de 2011

ACTIVIDADES DA A.VV. CALVARIO

Outubro de 2011
Unha vez máis poñemonos en contacto para achegarvos información dos distintos eventos e actividades para este mes de novembro.
Curso de Inciación a Informática, (homes e mulleres), subvencionado pola concellería de Participación Cidadá, Concello de Vigo. Comezo inmediato, interesados/as, anotarse na Asociación, de luns a venres de 18:00 á 20:00 h. Prezo Matricula 12 €.
Curso de Baile Latino, xa comenzou un novo curso de baile, os xoves de 20:30 a 22:00 horas. Prezo
Coral: Animaros a integrarse na coral da Asociación, ensaio os sábados de 20:30 á 21:30hrs.
Temos a disposición gratis para os socios o Libro de Poesía que editamos dende a Asociación, libro que conten as poesías dos nove certames que fizemos a longo dos anos no día das Letras Galegas.
Comentar que neste libro houvo unha fé de erratas, na paxina 121, onde figura o autor José Nogueira, debería figurar Jorge Moro, que é o nome do autor de dita poesía, foi unha equivocación que esperamos o autor nos saiva disculpar, nos libros que entregaremos xa figura a fé de erratas.
Lembrarlles que temos a vosa disposición a Loteria de nadal nº 87832 (participación de 5 €)
Cea Baile de convivencia, sábado 26 de Novembro ás 22:00hrs.
Restaurante Botón de Ancla (IFEVI), Menú: Entremeses variados; Vieira a Galega; Solomillo Iberico, con garnición; postre e café; bebidas: branco treixadura, tinto rioxa crianza, auguas minerais refrescos e agardente; música baile e autobús.
Prezo: 37 €/persoa, a pagar na cta. Novagaliciabanco – 2080/5020/01/3040030014
Sáida dos autobuses para asistir a Cea, dende a Asociación ás 21:30hrs.
A partir do día 02 de Novembro, Exposición de Fotografias antiguas do Calvario, na Escola Oficial de Idiomas, organizado polo profesorado e alumnos do Instituto Castelao do Calvario, con a colaboración da Asociación de Veciños.
Importante: A petición da Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo, facemos un chamamento os socios/as, amigos e familiares para que se sumen a donar alimentos para esta campaña do Nadal, deixenos deciles os alimentos recomendados: Azúcar, Aceite, Alubias, Garbanzos, Harina, Leche, Pasta, Lentejas, Conservas de todo tipo. Nunca congelados nin bebidas alcoholicas. Desgraciadamente hai moita xente pasándola moi mal na nosa cidade, como sempre esperamos que o Calvario sexa un exemplo de solidaridade, os alimentos poden entregalos na Asociación, en Martinez Garrido, 12, de 18:00 a 20:00hrs, de luns a venres, se por calquer motivo nón puderan levalos no horario indicado, poden chamar o tlfno. 606605481, e quedaríamos con vos para poder dar todas as facilidades a esta campaña solidaria.
Información e anotación dos cursos e actividades, no local social, en horario de luns a venres de 18:00 a 20:00hrs. Aproveitamos a oportunidade para enviarles un cordial saúdo veciñal.
Xunta Directiva