DEMANDAS PARA O BARRIO DO CALVARIO
Despois das obras realizadas nestes últimos catro anos, non podemos de deixar de solicitar o desenrolo total do proxecto de humanización do barrio.
Humanizacion de rúas:
Jenaro de la Fuente( tramo c/ Aragón a Ramón Nieto), Burgos, Valladolid, Segovia y Logroño; Asturias, Numancia, Cataluña, Vizcaya, Extremadura, Dr. Carracido, Fontáns, Portela (tramo dende Martinez Garrido a Sta. Cristina)
Urbanismo:
Desenrolo do APR – A-5-54 Toledo-1, y APR- A-5-55 Toledo-2, da rúa Toledo, ou se nón pode ser, abrir proceso de expropiación para humanización de dita rúa.
Desenrolo do Peri-Asturias, APR – A-5-33, si nón se pode conseguir, expropiación dos terreos necesarios para a humanización da rúa Asturias.
Desenrolo do APR-A-5-58, Extremadura, e se non pode ser, que se abra o proceso de expropiación para humanizar dita rúa.
Desenrolo do APR A-4-28 Ceboleira.
Dar prioridade a urbanización no APR – A-4-37 Ofimatico, Sito na zona do parque ofimático Anduriña- para poder crear unha gran zona verde para a nosa zona, xa que esta urbanización contempla a dotación de 50.000 m2 de zona verde, que entendemos ten que ser reagrupada e nón en trozos pequenos, para así ter unha gran zona de esparcimento para os veciños.
Centro Saúde
Rúa Aragón, o Centro de saúde da Doblada quedase pequeño para tanta poboación, prometido polo Sr. Feijoo, teñen que desenrolar o Peri Aragón-Travesia de Vigo, urbanización iniciada pola Xunta do bipartito.
Centro de dia
Moi necesario para esta zona xa que nón contamos con ningún, e hai moita xente maior que podía pasar o día neste centro e os seus familiares poderían desenrolar mellor a súa vida, a idea nosa sería instalalo no Edificio do Sanatorio Santa Cristina (O Magnolio), na rúa Sagunto, agora mesmo pechado, e un sitio emblemático o tratarse dun edificio a conservar, obra do arquitecto Pachevic.
Aparcamento rua Sagunto
Que levaría a creación dunha praza pública que uniría a zona peonil de Urzaiz con esta plaza, AOP-19 Calvario
Bodegas Bandeira
Retomar o tema da urbanización dun centro comercial ou posibilidade de expropiación para ser un centro de auga como o de Barreiro ou Florida, ou en centro cultural.
Local para a Asociación de Veciños do Calvario
Local digno para la Asociación de Veciños do Calvario, ou ben que nos cedan o Centro social do Calvario agora mesmo da Xunta de Galicia..
Reunión mantida no Concello de Vigo o dia 05 de Outubro de 2011
Xunta Directiva Asociación Veciños Calvario
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario