martes, 13 de diciembre de 2011

Carta socios Decembro 2011

Vigo, 12 de Decembro de 2011

Estimado Socio/a:
A Directiva desta Asociación lles desexa unhas Felices Festas, cos seus seres máis queridos. Esperamos que a sorte nos acompañe na Lotería do Nadal para afrontar o ano con máis alegría.
Aproveitamos para comentaros as actividades que hai previstos para estas datas.
 Banco de Alimentos, seguimos recollendo alimentos, atá o día 21 de Decembro, nesta campaña de Nadal.
 Recollida de Xoguetes na campaña en Vigo, “Cada Neno un Xoguete”, inicitativa de varias Asociacións de Vigo na que colaboramos, poden deixalos no noso local, xoguetes novos ou que estean en bom estado.
 Rondalla de Beade
Sábado 24 de Decembro ás 12:00 horas, Paseo por toda a zona peonil de Urzaiz, con paradas e actuacións no Mercado do Calvario
 Carteiro Real
Venres 30 de decembro as 17:00 hrs., no Mercado do Calvario estará o Carteiro para recibir as castas dos nenos/as, e haberá caramelos para eles.
Martes 3 de Xaneiro as 19 hrs., na Biblioteca Munipal “Neira Vilas”
 Taller para nenos/as de Radio e Television. Martes 27 de Decembro de 11:30 a 13:30 hrs, e de 16:30 a 18:30 hrs.
 Exposición Ferramentas Antigas de Carpintaria
Do 15 de decembro ó 10 de Xaneiro, de 10:00 a 20:00 hrs, no Centro Comunitario do Calvario (Antiga Cultural) Rúa Numancia, 3
 Loteria de Nadal
Ainda quedan algunhas participacións, interesados tedes que pasar pola asociación de luns a venres de 18 a 20 hrs.
Ainda temos o libro de poesía “O Calvario un mundo de poesía”, poden pasar a recollelo.

Adxuntamoslle un calendario de bolsillo do ano 2012.
Sen outro particular, reciban un cordial saúdo veciñal.

viernes, 2 de diciembre de 2011

RECOLLIDA ALIMENTOS CAMPAÑA NADAL 2011

¡¡¡ RECOLLIDA DE ALIMENTOS !!!


A petición do Banco de Alimentos de Vigo, facemos un chamamento os veciños/as do Calvario, para que se sumen a doar alimentos para esta campaña do Nadal.
Alimentos recomendados:
Azúcar, Aceite, Alubias, Garbanzos, Fariña, Leite, Pasta, Lentellas,
Conservas de todo tipo. Nunca conxelados nin bebidas alcoholicas.
Como sempre esperamos que o Calvario sexa un exemplo de solidaridade
Entrega dos alimentos: Asociación, en Avda. Martinez Garrido, 12
De luns a venres de 18:00 a 20:00hrs.
(Se nón poideran levalos no horario indicado, poden chamar o tlfno. 606605481, para facilitarlles a entrega)


Xunta Directiva

Cea baile de convivencia 2011

jueves, 10 de noviembre de 2011

ACTIVIDADES DA A.VV. CALVARIO

Outubro de 2011
Unha vez máis poñemonos en contacto para achegarvos información dos distintos eventos e actividades para este mes de novembro.
Curso de Inciación a Informática, (homes e mulleres), subvencionado pola concellería de Participación Cidadá, Concello de Vigo. Comezo inmediato, interesados/as, anotarse na Asociación, de luns a venres de 18:00 á 20:00 h. Prezo Matricula 12 €.
Curso de Baile Latino, xa comenzou un novo curso de baile, os xoves de 20:30 a 22:00 horas. Prezo
Coral: Animaros a integrarse na coral da Asociación, ensaio os sábados de 20:30 á 21:30hrs.
Temos a disposición gratis para os socios o Libro de Poesía que editamos dende a Asociación, libro que conten as poesías dos nove certames que fizemos a longo dos anos no día das Letras Galegas.
Comentar que neste libro houvo unha fé de erratas, na paxina 121, onde figura o autor José Nogueira, debería figurar Jorge Moro, que é o nome do autor de dita poesía, foi unha equivocación que esperamos o autor nos saiva disculpar, nos libros que entregaremos xa figura a fé de erratas.
Lembrarlles que temos a vosa disposición a Loteria de nadal nº 87832 (participación de 5 €)
Cea Baile de convivencia, sábado 26 de Novembro ás 22:00hrs.
Restaurante Botón de Ancla (IFEVI), Menú: Entremeses variados; Vieira a Galega; Solomillo Iberico, con garnición; postre e café; bebidas: branco treixadura, tinto rioxa crianza, auguas minerais refrescos e agardente; música baile e autobús.
Prezo: 37 €/persoa, a pagar na cta. Novagaliciabanco – 2080/5020/01/3040030014
Sáida dos autobuses para asistir a Cea, dende a Asociación ás 21:30hrs.
A partir do día 02 de Novembro, Exposición de Fotografias antiguas do Calvario, na Escola Oficial de Idiomas, organizado polo profesorado e alumnos do Instituto Castelao do Calvario, con a colaboración da Asociación de Veciños.
Importante: A petición da Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo, facemos un chamamento os socios/as, amigos e familiares para que se sumen a donar alimentos para esta campaña do Nadal, deixenos deciles os alimentos recomendados: Azúcar, Aceite, Alubias, Garbanzos, Harina, Leche, Pasta, Lentejas, Conservas de todo tipo. Nunca congelados nin bebidas alcoholicas. Desgraciadamente hai moita xente pasándola moi mal na nosa cidade, como sempre esperamos que o Calvario sexa un exemplo de solidaridade, os alimentos poden entregalos na Asociación, en Martinez Garrido, 12, de 18:00 a 20:00hrs, de luns a venres, se por calquer motivo nón puderan levalos no horario indicado, poden chamar o tlfno. 606605481, e quedaríamos con vos para poder dar todas as facilidades a esta campaña solidaria.
Información e anotación dos cursos e actividades, no local social, en horario de luns a venres de 18:00 a 20:00hrs. Aproveitamos a oportunidade para enviarles un cordial saúdo veciñal.
Xunta Directiva

sábado, 5 de noviembre de 2011

RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA O BANCO DE ALIMENTOS DE VIGO

A petición da Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo, facemos un chamamento os socios/as, amigos e familiares para que se sumen a donar alimentos para esta campaña do Nadal, deixenos deciles os alimentos recomendados: Azúcar, Aceite, Alubias, Garbanzos, Harina, Leche, Pasta, Lentejas, Conservas de todo tipo. Nunca congelados nin bebidas alcoholicas. Desgraciadamente hai moita xente pasándola moi mal na nosa cidade, como sempre esperamos que o Calvario sexa un exemplo de solidaridade, os alimentos poden entregalos na Asociación, en Martinez Garrido, 12, de 18:00 a 20:00hrs, de luns a venres, se por calquer motivo nón puderan levalos no horario indicado, poden chamar o tlfno. 606605481, e quedaríamos con vos para poder dar todas as facilidades a esta campaña solidaria.
Aproveitamos a oportunidade para enviarles un cordial saúdo veciñal.

viernes, 21 de octubre de 2011

"O CALVARIO Un mundo de posía"

Presentación do libro de poesía, no Centro Sociocomunitario do Calvario (Antigua Cultural), 19 de Outubro de 2011

viernes, 14 de octubre de 2011

Carta os socios outubro 2011

Estimado soci@: Vigo, 10 de Outubro de 2011
Unha vez máis poñemonos en contacto para achegarvos información dos distintos eventos e actividades para este outono.
Presentación de libro de poesías editado pola asociación “O Calvario, un mundo de poesía”. Mércores, 19 de Outubro ás 20 hora, no Centro Social do Calvario (antiga Cultural), rúa Numancia, 7. Haberá un recital de poesía a cargo de Carmeliña García, Premio Nacional de Declamación. O Libro foi subvencionado pola Deputación de Pontevedra.
 CERAMICA
Horario: Venres de 18:00 á 20:00 horas. A Cerámica é o material máis antigo do mundo dentro das civilizacións son parte da nosa vida diaria e toman formas das que non podríamos prescindir. Aquí en Galicia temos unha arraigada tradición de alfareiros. A monitora se encarga de levar o forno os vosos traballos, O barro ou arcilla é barato. Prezo 15 €/mes.
 TALLER DE PAPIROFLEXIA – ORIGAMI 3D
Horario: Xoves de 18:00 a 20:00 horas . Este é unha parte da papiroflexia. Arte oriental, orixinaria do Japón, na cual por medio de crear unhas pezas, podemos conseguir a creación de figuras variadas, como pode se unha cesta, pavos, cisnes candelabros, lámparas, etc. Prezo 12 €/mes.
 CURSO DE MANUALIDADES (Decoración de obxetos), Xoves de 18:00 a 20:oo horas, 17 €/mes

 CURSO BASICO DE FOTOGRAFIA DIXITAL
Duración de 2 de Novembro a 24 de Xaneiro, horario Mércores de 19:00 a 20:30 horas. Aprende a sacar partido a tua cámara para realizar fotografías con boa calidade. Aprenderas as diferentes técnicas básicas, para poder fotografiar situacións nas que poidas encontrar como facer un retrato, plasmar un paisaxe ou fotografiar teu deporte favorito. Este curso te iniciará a todas esas cousas que podemos facer con unha camára de fotos. Prezo 45€/curso completo (15€/mes).
 CURSO DE PILATES (Subvencionado pola concellería de Igualdade)
Comezá o día 2 de Novembro, horario: luns e mércores de 10 a 11 horas, (só para mulleres), prezo de matricula 10€, duración 60 horas.
 XADREZ
Curso escolar 2011-2012, no centro Xadrez Galego, s.l. rúa Reiseñor, 15 tfno. 986260259
 CORAL
Precisamos persoas para integrarse no coro da asociación, horario sábados de 20:30 a 21:30hrs.





 EXPOSICION DE ARTESANIA
Mantas manteles pintados, tocados de noiva e madriñas, diademas de nena, etc. Luns e venres a partir das 16:30 horas.
 CHARLA COLOQUIO
Recetas con alimentos ecolóxicos. Impartida por Freddy Acevedo Naturópata, colabora Alma-Zen Alimentación ecoloxica tenda no Mercado do Calvario, data xoves 29 de Outubro ás 19:30hrs.
 EMBARCATE CON VIGO
Dous novos destinos con saída de Vigo no 2012, con un barco máis grande “Gran Mistral”, un o Norte e outro o Sul, a partir de 352 €. Como dende o inicio deste proxecto dende a Asociación apostamos porque esta cidade teña un porto base de cruceiros. Anotate na asociación.
 CEA BAILE DE CONVIVENCIA
Restaurante Botón de Ancla (IFEVI)
Sábado 26 de Novembro ás 22:00hrs.
Menú: Entremeses variados; Vieiras a Galega; Solomillo Iberico, con garnición; postre e café; bebidas: branco treixadura, tinto rioxa crianza, aguas minerais, refrescos e agardente; música baile e autobús. Anotacións: Martinez Garrido, 12 ou Tfnos. 986271187 – 669144268
Saída autubús dende Asocación ás 21:30hrs.
Prezo: 37€/persoa a pagar na cta. 2080/5020/01/3040030014 – Novacaixagalicia;
Último dia de anotación e pago venres 18 de Novembro.
 LOTERIA DE NADAL Nº 87832 Lembramoslle que xa temos a Lotería de Nadal en participación de 5 €, poden recollela no local de 18 á 20 horas de luns a venres.

Información e anotación dos cursos e actividades, no local de Martinez Garrido, 12 en horario de luns a venres de 18:00 á 20:00hrs.
Sen outro particular, reciban un cordial saúdo vecinal.
Xunta Directiva

sábado, 8 de octubre de 2011

PRESENTACION LIBRO "O CALVARIO Un mundo de posía"

Mércores 19 de Outubro ás 20 horas.

Centro Social do Calvario (Antiga Cultural), Rúa Numancia, 7



Presentación do Libro de Poesía, con todos os poemas presentados nos nove certames que se realizaron na asociacion. Dende a Asociación de veciños do Calvario, pretendese unha vez máis impulsar o noso idioma, asim como as festas tradicionais, folclore, música en galego, aportando no noso esforzo, de potenciar estes certames de poesia na celbración do dia das Letras Galegas.
No mesmo tamén tamén podemos disfrutar con fotografias do barrio.
Este libro foi subencionado pola Deputación de Pontevedra.
Neste acto sinxelo teremos a actuación dun recital de poesía de Carmeliña Garcia, Premio Nacional de Declamación.
Tamén haberá unha exposición de fotografias antigas do barrio cedidas estas pola Asociación de Comerciantes do Calvario.
O prologo contamos con a colaboración do recoñecido periodista do Faro de Vigo, Fernado Franco.
Esperamos a vosa presencia.

viernes, 7 de octubre de 2011

Reunión con o Concellal de Tráfico, Carlos López Font

Reunión Concellal de Trafico, Carlos Lopez Font.
Venres, 7 de Outubro de 2011, ás 12:00 horas
Entre outros asuntos trataronse os seguintes:
Camiño do Pombal, poñer en unha marxen da rúa sinal de prohibido aparcar e pintar a marxen para que non aparquen os coches e deixar a zona para os peóns, dada a cantidade veciños que utiliza a rúa, en especial en horas do colexio, que teñen que andar polo medio da rúa.
Rúa Jenaro de la Fuente a caron da rúa Ramón Nieto (peonil), beirarrúa que necesita ser rebaixada no paso de peóns nese cruce.
Rúa Palencia, nº 2, solicitud dunha praza máis de aparcamento para minusválidos
Rúa Aragón, fte, o nº 58, hai un camiño en rampa que vai para os nºs. desta rúa como son o 51, 53, 55, 57 entre outros, camiño sin saída, solicitar que poñan unha sinal de prohibido aparcar no marxen dereito e pintado para os peóns, para que non aparquen os coches, xa que hai xente maior que necesita a barandilla para subir e baixar a costa, e se están os coches non a poden utilizar.
Rúa Toledo, poner a rúa nun só sentido con dirección dende Jenaro de la Fuente a Cantabria, pintar a zona, e señalización de 30 km/h, con un paso de peóns elevado, para evitar que anden a máis velocidade, tamén onde no hai beirarruas pintar a zona para que nón aparquen e asi ter un espacio libre de coches para os peóns.
Rúa Fontans, solicitamos unas horquillas para que os coches non aparquen nas zonas pintadas para beirarruas , pois nón as respetan e aparcan tendo os peóns que sair o medio da rúa con o perigo que esto conleva tamen solicitamos un paso de peón elevado para evitar a velocidade, xa que nón respetan as sinais de 30 Km/h.
Rúa Segovia: nesta rúa entrando na mesma a dereita hai unha baixada para dous aparcamentos e unha carpintería, aparcanlle os dous lados da mesma, e nón deixan as veces os veciños entrar no seu garaxe e moitas veces impiden que os camións que veñen a carpintería poder entrar a descargar ou cargar. Solicitamos que nunha marxen se poña una sinal de prohibido aparcar e pintado nesa marxen para peóns e horquillas para evitar que aparquen.
Todas estas peticións entregadas en man hoxe o Concellal de trafico, xa se habían denunciado por rexistro no Concello, con fotografias e planos explicando o que solicitábamos con toda claridade.
Esperamos que estás peticións se fagan o antes posible.
Xunta Directiva

jueves, 6 de octubre de 2011

Reunión con a Concella de Urbanismo. Carmela Silva

DEMANDAS PARA O BARRIO DO CALVARIO

Despois das obras realizadas nestes últimos catro anos, non podemos de deixar de solicitar o desenrolo total do proxecto de humanización do barrio.
Humanizacion de rúas:
 Jenaro de la Fuente( tramo c/ Aragón a Ramón Nieto), Burgos, Valladolid, Segovia y Logroño; Asturias, Numancia, Cataluña, Vizcaya, Extremadura, Dr. Carracido, Fontáns, Portela (tramo dende Martinez Garrido a Sta. Cristina)
Urbanismo:
 Desenrolo do APR – A-5-54 Toledo-1, y APR- A-5-55 Toledo-2, da rúa Toledo, ou se nón pode ser, abrir proceso de expropiación para humanización de dita rúa.
 Desenrolo do Peri-Asturias, APR – A-5-33, si nón se pode conseguir, expropiación dos terreos necesarios para a humanización da rúa Asturias.
 Desenrolo do APR-A-5-58, Extremadura, e se non pode ser, que se abra o proceso de expropiación para humanizar dita rúa.
 Desenrolo do APR A-4-28 Ceboleira.
 Dar prioridade a urbanización no APR – A-4-37 Ofimatico, Sito na zona do parque ofimático Anduriña- para poder crear unha gran zona verde para a nosa zona, xa que esta urbanización contempla a dotación de 50.000 m2 de zona verde, que entendemos ten que ser reagrupada e nón en trozos pequenos, para así ter unha gran zona de esparcimento para os veciños.
Centro Saúde
 Rúa Aragón, o Centro de saúde da Doblada quedase pequeño para tanta poboación, prometido polo Sr. Feijoo, teñen que desenrolar o Peri Aragón-Travesia de Vigo, urbanización iniciada pola Xunta do bipartito.
Centro de dia
 Moi necesario para esta zona xa que nón contamos con ningún, e hai moita xente maior que podía pasar o día neste centro e os seus familiares poderían desenrolar mellor a súa vida, a idea nosa sería instalalo no Edificio do Sanatorio Santa Cristina (O Magnolio), na rúa Sagunto, agora mesmo pechado, e un sitio emblemático o tratarse dun edificio a conservar, obra do arquitecto Pachevic.
Aparcamento rua Sagunto
 Que levaría a creación dunha praza pública que uniría a zona peonil de Urzaiz con esta plaza, AOP-19 Calvario

Bodegas Bandeira
 Retomar o tema da urbanización dun centro comercial ou posibilidade de expropiación para ser un centro de auga como o de Barreiro ou Florida, ou en centro cultural.
Local para a Asociación de Veciños do Calvario
 Local digno para la Asociación de Veciños do Calvario, ou ben que nos cedan o Centro social do Calvario agora mesmo da Xunta de Galicia..

Reunión mantida no Concello de Vigo o dia 05 de Outubro de 2011

Xunta Directiva Asociación Veciños Calvario

jueves, 15 de septiembre de 2011

ACTIVIDADES 2011/2012

CURSO DE MAQUILLAXE
Mércores de 17:00 a 19:00hrs

ELECTRICIDAD
Luns de 18:30 a 20:00hrs

AXILIDADE MENTAL
Martes de 19:00 a 20:00hrs

CORAL Sábados de 18:15 a 20:00hrs

CACHIBOL Luns de 11:00 a 12:00hrs

BAILE FLAMENCO E SEVILLANAS
Martes de 20:30 a 22:00hrs


BAILE DE
SALÓN Venres de 20:30 a 22:00hrs

DANZAS DO MUNDO
Sábados de 20:00 a 23:00hrs

ASOCIACIÓN FOLCLÓRICA ANDARELA
GAITA E PERCUSIÓN
Luns de 19:30 a 21:00hrs
Sábados de 11:00 a 13:00hrs

CANTO E PANDERETA
Luns de 21:00 a 22:30hrs

BAILE GALEGO
Adultos: Xoves de 20:30 a 22:30hrs (Ramón Nieto)
Nenos: Venres de 18:00 a 20:00hrs

BANDA GALEGA Sábados de 11:00 a 13:00


IOGA Luns e Venres de 9:45 a 11:00hrs
de 11:00 a 12:15hrs

CORTE E CONFECCIÓN
Martes de 17:00 a 19:00hrs

DEBUXO E PINTURA
Mércores de 17:00 a 19:00hrs

ENCAIXE DE BOLILLOS
Xoves de 18:00 a 20:00hrs

NUTRICIÓN E MANTEMENTO
Mércores de 10:00 a 11:00hrs e 20:00 a 21:00hrs

CREACION DE XOIAS DE CRISTAL,ABALORIOS
Mércores de 17:00 a 19:00 hrs

Curso de Informatica e Internet (Só para mulleres)
Comezo do curso: 4 de outubro, finaliza ó 31 de outubro, horario: Luns, Martes e Xoves de 16:30 a 19:00 horas, Prezo matricula 12 €
Subvencionado pola Concellería de Igualdade

Lotería de Nadal nº 87832 (participacións de 5 €)

Cea Baile de Convinvencia, como sempre o último sábado de novembro que este ano é o día 26 ás 21:30 horas. Xa informaremos do menú e prezo máis adiante.

Comenzamos o ano con duas Charlas-coloquio sobre Recetas con alimentos ecoloxicos, estas charlas serán impartidas por Freddy Acevedo, Naturopata, en colaboracion con Alma Zen - Tenda de Alimentación Ecoloxica do Mercado do Calvario. A primeira será o Xoves 29 de septembro ás 19:30 horas, e a segunda o Xoves 20 de Outubro ás 19:30 horas.

domingo, 10 de julio de 2011

Rabo de Toro guisado

Rabo de Toro guisado
Ingredientes:
Rabo de Toro
Ajo, perejil, clavo en grano, pimienta negra en rama, cebolla, aceite de oliva, pimiento rojo, zanahoria, un tomate, vino blanco, patatas, sal
Preparación:
Machacas 2 ó 3 dientes de ajo, perejil, clavo en grano, pimienta negra en rama, (tres bolitas de clavo y tres ramitas de pimienta negra), lo dejas en el machacador.
En la tartera pones un buen chorro de aceite y la pones al fuego, cuando esté caliente, le pones el rabo (que ya te lo venden cortado), a dorar, cuando esté dorado, le pones la cebolla, yo la corte picada, peno no, es mejor en gajos, una vez esté un poco pochada, le echas por encima de la carne el machacado que tienes en el machacador, con la mano o con la cuchara de palo, siempre removiendo con la cuchara de palo, le pones la mitad de un pimiento rojo, picado, a continuación le pones la zanahoria picada, y el tomate cortado como para ensalada, pero en trozos un poco más gordos, ahí ya bajas un poco el fuego, cuando vuelva a hervir , siempre removiendo con la cuchara de palo, no tienes por que estar mirando todo el rato, lo dejas tapado y vas hiendo de vez en cuando, mientras se pueden hacer otras cosas como lavar la loza que vas utilizando, colocar las cosas en la cocina, o otras cosas pero no dejando de ir a remover. En el machacador que seguro que quedan restos de lo que machacaste, es donde pones un buen vaso de vino blanco, que sea bueno, y con la cuchara de palo lo remueves para que salga todo y lo echas, dejas el machacador una vez que hierva de nuevo siempre revolviendo, le pones también un vaso de agua. Dejas al fuego pero ya en un fuego lento. Las patatas las cortas pero en trozos, no muy grandes ni muy pequeños, pero que sea tronzada, metes un poco el cuchillo haces palanca y la patata se rompe, esos trozos son los tal, después de un tiempo hirviendo a fuego lento, siempre revolviendo, ya ves que está riquísimo, le pones sal al gusto, revuelves dejas un poco y pruebas como está de sal, si está bien, le echas las patatas y siempre a fuego lento y revolviendo, hasta que veas que las patatas ya están en su punto, Ya está preparado para poner en la mesa.
Espero que os salga bien si alguna vez lo hacéis. A mí me salió riquísimo, es una comida sabrosísima, salud y suerte.
Juan José García Costas

viernes, 27 de mayo de 2011

Festa Cultural da Alegría "Calvario 2011"

PROGRAMA:

 11:30 h. Desfile do Grupo de Gaitas “Can de Palleiro” do C.Cultural Helios de Bembrive
 13:00 h. Actuación do “Payaso Popin”, animación infantil para os nenos e nenas
 18:00 h. Asociación Folclorica “Andarela” do Calvario
 19:30 h. Baile de Sevillanas, un colorido especial de Andalucia
 20:30 h. Concerto de Banda de Musica (a confirmar)
 21:30 h. Grupo “Ecos do Racimo” (Cancións dos nosos barrios)
 23:00 h. Orquesta “Alabama”

(Os horarios son aproximados)

viernes, 22 de abril de 2011

Bases do X Certame de Poesía do Calvario 2011

Retomar no barrio e na cidade o Certame de poesía en galego, que tanto éxito tivo nas edicións anteriores.


1. O Certame pretende fomentar a participación literaria.

2. As obras deberán ser orixinais, inéditas e estar escritas integramente en galego.

3. As obras terán unha extensión máxima de 50 versos.

4. Os traballos presentaranse con pseudónimo e baixo plica pechada na que figuren os datos do/da participante e por fóra aparecerá o pseudónimo co que asine a obra.

5. Na plica incluirase o nome, enderezo, telefono, e-mail, e unha fotocopia do DNI.

6. As obras irán co pseudónimo ou lema.

7. O gañador deberá asistir á entrega de premios ben persoalmente ou designando a alguén para que o represente.

8. Os premios poderán ser declarados desertos, se así o ditamina o xurado.

9. Os traballos presentaranse con tres copias impresas en papel.

10. Os orixinais non premiados non serán devoltos.

11. A A.VV. Calvario reservase o dereito de publicación das obras que resulten premiadas.

Premio: Establecese un premio de 300 € para o primeiro. O segundo será de 200 €. E o terceiro recibirá 100 €.

Entrega das obras: por correo ou en man na Asociación de Veciños do Calvario, sita na rúa Martinez Garrido, 12, 36205 Vigo, nun sobre no que figure X Certame de Poesía do Calvario.

Este Certame terá lugar ó 17 de Maio de 2011, coincidindo con o Día das Letras Galegas. Este día daranse a coñecer os nomes dos gañadores.

Vigo, 08 de Abril de 2011
Xunta Directiva

lunes, 28 de marzo de 2011

O Calvario, rural urbanizado

Pasara a penas un ano desde que nos incorporamos á vida viguesa, cando se produciu a anexión ó de Vigo do Concello de Lavadores. O Calvario convirtírase así nun barrio máis da cidade. Era daquela o límite entre un e outro Concello. Fóra, ó parecer, unha das entidades da parroquias de Cabral, e no momento de se integrar no escenario da urbe, pertencía á de Santa Cristina de Lavadores. O seu desenvolvemento comezou na etapa en que se construíu a estrada de Vigo-Villacastín. Unha estrada que, partindo da Porta do Sol chegaba deica o alto de Puxeiros.
Ruabamos ás veces polo barrio, precurando as súas raíces campesiñas. Porque outrora tiña sido unha terra agraria na que a presenza humana foi testemuñando nela co decorrer do tempo. O camiño xuntara a tódalas xentes que vivían nos seus arredores. Os campos, os cultivos, as pradeiras, os arboredos, acompañaban ó camiño. Nalgunha ocasión ollamos desde alí como os montes se afundían na meia luz do solpor. Os lugares que na tarde se descobrían á nosa mirada amosábannos o desenrolo de núcleos campesiños ó tipo de cintura da cidade. Fixérano con admirable aproveitamento das formas de terreo no val do Fragoso.
Imaxinabamos a primeira existencia da poboación do barrio. Os ouvidos das xentes que o habitaban aínda non se abriran ós bruídos das máquinas e dos aparellos mecánicos. Aínda non desaparecera a sinxeleza do mundo rural. Tampouco a enerxía silandeira que de a pouco se ía esgotar. Imaxinabamos tamén as laborías da campía, que precederan á conversión urbanizadora, e o decorrer do tempo nas catro estacións. As treboadas do inverno, os días de colleita de frutos e grans. A forza renacente da primavera, o acougado morrer do outono. Con frecuencia, a néboa estendía a súa escuridade polos campos.
Non chegamos a coñecer os momentos da instauración do tranvía, que constituíu un dos elementos fundamentais de transformación do Calvario. Si conservamos memoria das xentes que os utilizaban. Eran principalmente obreiros que se desprazaban ós traballos, e mulleres que levaban produtos para os vender na praza. Porque o barrio caracterizábase por ser metade obreiro, metade agrario. Lembramos que había aínda fielatos para controlar as mercadorías que entraban na cidade. Un dos máis importantes estaba instalado no cruce dos Choróns. Os fielatos eran casetas cadradas, unhas pequenas, outras máis grandes. Tiñan casilleiros para controlar á xente que pasaba a pé, e para a que viaxaba en tranvía. A súa función consistía en impor unha tarifa especial para bultos e cargas.
Os camiños que outrora sulcaban O Calvario fóronse trocando en rúas. As fincas, con hortas e frutais, que os limitaban, parceláronse, e nelas erguéronse casas. Sobreviven na nosa memoria algunhas das que protagonizaron o cambio. O mercado da rúa do Cristo atopábase establecido nunha delas formada por unha gran carballeira. A apertura de novas rúas, a parcelación, creación de novos solares, atraeu a moita poboación, especialmente obreira.
Dexergamos como en anos sucesivos ía medrando o escenario urbano do barrio. Como xurdían a Avenida da Doblada, de Ronda, de Xeraro de la Fuente. Xa alá polo 1960 observamos a zona de O Calvario cobrando novos pulos. Estaban a se rematar as correspondentes á de Urzaiz. O vello barrio ía gañando en humanización e mellora ambiental. No entanto, dabámonos a pensar no Vigo que pontenciaba cos barrios o seu crecemento. Xa a finais do XIX e comezos do XX convirtírase en cidade industrial moderna. Ou seña, nun gran mercado de traballo. Pero faltáballe moito camiño que andar.
Viña á nosa mente a chegada dunha gran poboación que contribuíu a transformar a súa trama urbana. Diversos núcleos do extrarradio, alonxados do marco da cidade, de carácter suburbial, alonxaban a esta poboación. A riqueza e situación xeográfica, foron determinantes da conversión da cidade en centro de atraemento da zona periférica. En primeiro lugar, o Concello de Bouzas. Máis tarde, este de Lavadores e Teis. En fase posterior, a zona periférica comarcal.
Nos días inaugurais da nosa andadura polo barrio do que estamos a falar, xa contaba cun intenso movemento urbanizador. Pero non perdera de todo a presenza dos seus antecedentes rurais. Aínda o vento podia mover as copas das arbores. Aínda podía peitear a fluvial cabeleira dun desmaio. Ou abanear un algo o palporizamento crepitante dalgún eucalipto. Sorprendíanos como ía sobrepóndose a construción á terra cultivada, como os vellos camiños se trocaran en modernas rúas. Saíamos ás veces polos arredores, nos que se mantiñan aínda mostras vivas da paisaxe. Tamén a luz, que sempre nos pareceu especial na entardecida, coa leda noticia das súas cambiantes.
Conservamos na memoria aqueles momentos de crecemento aínda en marcha do barrio. O proceso de recheo de espazos baleiros. A sustitución de casas rurais no eixo Vigo-Calvario. A soldadura da importante zona periférica co centro. En realidade, o significativo aporte de Lavadores forneceu ó vitalismo da cidade. Non só no referente, o significativo aporte que Lavadores forneceu ó vitalismo da cidade. Non só no referente á ampliación de superficie municipal, senón de incremento do volume demográfico.
Francisco Fernández del Riego
Vigo Sentimental

lunes, 21 de marzo de 2011

Actividades na Asociación

No mes de Abril comezan novas actividades así como xestións feitas dende a xunta directiva da Asociación, entre outras son as que seguen:

 Teatro para nenos
Taller Teatral Grupo Enxebre (taller experimental)
Impartido pola actriz e directora artística Elba Torres
Idades comprendidas entre os 12 e18 anos
Xoves de 18 a 29 horas, comeza o 7 de abril, prezo 20 €/mes
 Tai-chi
Martes e Xoves de 11:30 a 12:30 horas, comeza o 5 de Abril, matricula 10 €, subvencionado pola Deputación de Pontevedra

 Curso de Iniciación a Fotografía
Luns de 18:00 á 19:30 horas, comeza o 4 de Abril ó 6 de Xuño, prezo do curso 20€
 Viaxe en Semana Santa a Toledo-Talavera de la Reina.

O xoves 24 de Marzo, ás 18 horas, terá o acto de inauguración da Biblioteca Pública Municipal "Xosé Neira Vilas", na que se realizará un extracto do monólogo de "Memorias dun neno labrego" a cargo de Cándido Pazó. Para realizar esta obra esta Asociación tubo unha gran implicación para que se levara adiante.

Moi pronto presentaremos no Calvario o Libro de Poesía en galego, libro que contén as poesías que se presentaron nos nove Certames de Poesía feitos ata agora na Asociación, subvencionado pola Deputación de Pontevedra.

En próximas datas haberá unha exposición de fotografías antigas do barrio, no Instituto "Castelao" do Calvario, na Escola de Idiomas e na Asociación de Comerciantes do Calvario, colaboraron nesta exposición o Instituto Castelao, a Asociación de Comerciantes e a propia Asociación de Veciños, así como moitos veciños que nos cederon as fotos para levar a cabo esta memoria fotográfica.

Tamén estamos traballando conxuntamente coa Asociación de Comerciantes, no libro de fotografías antigas do barrio, que se presentará proximamente.

Temos a vosa disposición as solicitudes do Concello de Vigo para disfrutar dos Balnearios, financiados conxuntamente pola Deputación de Pontevedra e a Concellalía de Benestar social, para estas datas.

Están na Asociación os planos das obras de humanzacion das rúas Aragón e Martínez Garrido.

Para máis información estamos no local da Asociación de 18 a 20 horas de luns a venres, reciban un cordial saúdo veciñal.

domingo, 6 de febrero de 2011

Medicións antropométricas

Mañan Luns 7 de febreiro, ás 19 horas, reunión cos responsables de Sanidade, por o tema das medicións antropométricas, todos aqueles que tedes cita, para as medicións, non deixades de ir a reunión, pois indicaran o que tedes que traer e toda a información de estas medicións. Un saúdo

Programa da Concellalía de Medioambente, Sanidade e Consumo

Viaxes 2011


jueves, 27 de enero de 2011

PROGRAMA DE EXCURSIONS 2011

Periódico El Foro del mes de Enero 2011

Hoy no repartimos el periódico, porque hay Folga Xeral. Lo haremos, seguiremos,  mañana, mientras tanto os lo enviamos por correo-e. En él podrás encontrar un “Especial Puerto de Vigo” y otro sobre FITUR. Pinchar aquí: http://elforodeenero2011.blogspot.com/

 

Un saludo