Vigo, 22 de Abril de 2010
Estimados Veciños/as e comerciantes do Calvario:
A Xunta Directiva da Asociación de Veciños do Calvario, estamos preparando unha Festa na zona peonil de Urzaiz, con animación dende ás 11:00 horas da mañán atá ás 2:00 horas da madrugada.
SABADO 05 DE XUÑO 2010 Festa Cultural da Alegria
11:00 h. Desfile do Grupo de Gaitas “Can de Palleiro” do C.Cultural Helios de Bembrive
12:00 h. Actuación do “Payaso Popin”, animación infantil para os nenos e nenas
17:00 h. Grupo Folclorico “Tangaraño” de Mos
18:00 h. Asociación Folclorica “Andarela” do Calvario
19:00 h. Baile de Sevillanas, un colorido especial de Andalucia
20:00 h. Concerto de Banda de Musica (a confirmar)
23:00 h. Gran Verbena – Orquestra (a confirmar)
(Os horarios son aproximados)
Como en anos anteriores solicitamos Bandas de Música para animar as tardes dos sábados do verán, este ano a Concellería de Cultura do Concello de Vigo, concedeunos ás seguintes:
Lugar de actuación: Rúa Peonil – Diante do Mercado, 20 horas
Atlántida de Matamá – 8 de maio, Escola de Música de Beade – 15 de maio, Unión Musical de Coruxo – 22 de maio, Unión Musical de Valladares – 29 de maio, Lira de San Miguel de Oia – 3 de xullo, Ateneo Musical de Bembrive – 10 de xullo, As Delicias do Caeiro – 17 de xullo, Escola de Música da UVCD de Candeán – 24 de xullo, Unión Musical de Coruxo – 31 de xullo, Unión Musical de Valladares – 4 de setembro (19 h), Unión Musical de Cabral – 11 de setembro (19 h), Ateneo Musical de Bembrive – 18 de setembro (19 h).
Esperando a súa aprobación e colaboración, reciban un cordial saúdo vecinal.
Xunta Directiva
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario