A xunta Directiva da Asociación de Veciños do Calvario, acordou, presentar escrito o Alcalde de Vigo, e os grupos politicos do Concello, asi como a diferentes asociacións, culturais, socias, sindicatos, etc., para promover que o Pintor Santiago Montes Areas, sexa nomeado Vigues Distinguido pola corporación no ano 2010, pola súa traxectoria persoal e profesional o longo da súa vida.
Adxuntase Biografía
SANTIAGO MONTES.
Naceu en Vigo,no Calvario, terra do antigo concello de Lavadores, de familia humilde é o terceiro de cinco irmáns.A profesión do pai era a de maquinista naval,ambiente logo,de barcos,máquinas de vapor,rumbos, que influiron na súa innata curiosidade científica que o levaría a estudiar unha carreira técnica.
Realidade vivencia de posguerra.
Fai ós seus primeiros estudos nunha escola unitaria e pública na rúa Aragón,trasládase A Coruña dende os 7 ós 9 anos,e despois regresa a Vigo .Inicia os estudos de bacharelato no Instituto “Santa Irene” donde fixo o seu exame de ingreso no ano 1950.Nesta etapa nace nel o interese polo debuxo e maila pintura.A pesares dos orixes humildes dos pais , xa que non podían nin mercar os libros de texto,nin siquera pagar o desplazamento en tranvia.Santiago recorría o traxecto,andando dende o Calvario ata as Travesas para ir ó Instituto i estudiaba cos libros prestados dos compañeiros.Remata o bacharelato superior no ano 1957 e ponse a estudiar magisterio,examinándose por libre na Normal de Pontevedra,carreira que nunca exerceu. Fai estudos de Música no Conservatorio de Vigo, sendo felicitado polo Director polas súas notas, interrompe os estudios para iniciar os de Perito na Escola de Peritos en Vigo. É un melómano mesmo ata hoxe en día.
Asiste ás tertulias na taberna de “Elixio” onde trata cos pintores de maior relevancia,ademais de novelistas,poetas ,xornalistas e críticos.Así na taberna se relacionaba con Lugrís, Laxeiro, Lodeiro, Pousa e tantos outros personaxes famosos .
No ano 64 abandona a carreira de Peritos para dedicarse definitivamente á pintura,empeza a viaxar,vai a Madrid,onde coñece e estudia a pintura española,ademais ponse en contacto con moitas galerias e salas.
Cultiva nesta etapa o impresionismo, etapa figurativa.
Participa en moitas exposicións colectivas entre as que cabe salientar unha ó ar libre ,na viguesa Praza da Princesa, da que foi cofundador.No ano 1970 viaxa a Alemaña,onde reside uns meses. Alí realiza unha serie de debuxos de Nuremberg e Rohtenburg,colección que expuso na Caixa de Aforros de Vigo e que vendeu toda.
Vai a Santiago é debuxa outra colección que expón en Vigo,Adquirense seis debuxos para o Museo De Castrelos.
Vive en Barcelona no ano 1972,donde se relaciona e estudia cos pintores daquela epoca. Nese ano casa en Ferrol e do matrimonio nacen dous fillos. Fai a súa primeira exposición individual de pintura ó óleo,na mesma Caixa de Aforros de Vigo: Bodegóns,paisaxes,espidos e retratos.
No ano 1981 e na Galeria Novecento, presenta unha serie de debuxos de Vigo que daria lugar o libro “Calles y Rincones de Vigo”,editado e con numeración dos exemplares.
Santiago é un home xeneroso que axudou de moitas maneiras a compañeiros na epoca dos disturbios de Citroen xa que seu primo Isidro Montes estivo escondido na súa casa nuns momentos difíciles debido as persecucións policiais.Sempre colaborou no que pudo, deu clases gratuitas a fillos de obreiros, ainda que non lle gusta que se digan estas cousas. Participou donando obras para exposicións con fíns sociais, proxecto home,etc.
É un pintor intimista ,que non lle gusta facer vida social, despois da etapa impresionista ,evoluciona ó Expresionismo nos anos 1978-1981.
Nos anos 1982-1989 fai pintura constructivista abstracta.
Ata o momento actual donde fai abstracción pura. Pintura sin concesións .
Ten valiosisimas críticas de Maríaa Xosé Queizán, Pablos, Lalo Vázquez Gil, Méndez Ferrín , Luz Pozo, Manuel Vidal,Castro Couso etc…
Santiago Montes ,Pintor Vigués segue dedicado a pintar ,todolos días da súa vida e sin facer alardes de ningún tipo, comprometido e solidario ,amigo dos seus amigos,querido e respetado, humilde coma seus país.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario