domingo, 9 de noviembre de 2008

ACTIVIDADES ASOCIACION

Vigo, 10 de Novembro de 2008
Estimado Socio/a:

A Xunta Directiva desta Asociación desexalles unhas moi boas festas, cos seus seres máis queridos. Esperamos que a sorte nos acompañe na Lotería do Nadal para afrontar o vindeiro ano con mais alegría.
Aproveitamos para comentaros os actos que hai previstos para estas datas.

CURSO DE TAICHI

A partires do mes do un decembro de 2008, Curso de Taichi, con o horario de luns e mercores de 11:00 a 12:00 h., da mañán, con a monitora Aurora Malleiro Pérez, que xa ten realizado taichi no Calvario frente o Mercado, gran deportista, con un ximnasio no Calvario, na rúa León, si queredes anotaros o prezo é de 19 €/mes , só para socios/as.

LOTERIA Nº 63707

Lembramoslle que ainda temos algo de lotería do Nadal en participacións de 5€
Tamén hai lotería, de momento, no Kiosko de Tere, Cafetería Makumba, Papelería Jenaro, e na Joyería Gonzalez, todos na zona peonil de Urzaiz.

CEA BAILE DE CONVIVENCIA
Sábado, 29 de Novembro ás 22:00 H.

Restaurante “Botón de Ancla” en Cotogrande (IFEVI)

Saída de Autobuses dende Asociación ás 21:30 h.
Prezo: 35 € - A ingresar en Caixanova nº cta. 2080 0020 12 0040030018
Último día de anotación e pago 21 de novembro

ACTOS CULTURAIS NA ESCOLA DE IDOMAS

Magosto
CORO ROCIERO VIRGEN DEL ROCIO “CALVARIO”
Sábado 15 de novembro ás 20:00 horas

Nadal
CORAL POLIFONICA DA AGRUPACION GALICIA SOCIAL
Sábado 27 de decembro ás 20 horas

Sen outro particular, reciban un cordial saúdo veciñal.

Xunta Directiva

No hay comentarios:

Publicar un comentario