domingo, 5 de octubre de 2008

IX CERTAME DE POESIA DO CALVARIO

Bases do IX Certame de Poesía do Calvario

Retomar no barrio e na cidade o Certame de poesía en galego, que tanto éxito tivo nas ediccións anteriores.

Bases:

1. O Certame pretende fomentar a participación literaria.

2. As obras obras deberán ser orixinais, inéditas e estar escritas íntegramente en galego.

3. As obras terán unha extensión máxima de 50 versos.

4. Os traballos presentaranse con pseudónimo e baixo plica pechada na que figuren os datos do/da participante e por fóra aparecerá o pseudónimo co que asine a obra.

5. Na plica incluirase o nome, enderezo, telefono, e-mail, e unha fotocopia do DNI.

6. As obras irán co pseudónimo ou lema.

7. O gañador deberá asistir á entrega de premios ben persoalmente ou designando a alguén para que o represente.

8. Os premios poderán ser declarados desertos, se así o ditamina o xurado.

9. Os traballos presentaranse con tres copias impresas en papel.

10. Os orixinais non premiados non serán devoltos.

11. A A.VV. Calvario reservase o dereito de publicación das obras que resulten premiadas.

Premio: Establecese un premio de 150 € para o primeiro. O segundo será de 75 €. E o terceiro recibirá un lote de libros.

Entrega das obras: por correo ou en man na Asociación de Veciños do Calvario, sita na rúa Martinez Garrido, 12, 36205 Vigo, nun sobre no que figure IX Certame de Poesía do Calvario.

Este Certame terá lugar ó 15 de Novembro de 2008, coincidindo con a Festa do Magosto. Este día daránse a coñecer os nomes dos gañadores.

Vigo, 06 de Outubro de 2008
Xunta Directiva

No hay comentarios:

Publicar un comentario