miércoles, 4 de junio de 2008

Visita da Concelleira de Vias e Obras

















Hoxe estivo no Calvario a Concelleira de Vias e Obras, Dna. Isaura Abelairas. A recibimos na Asociación e entregamoslle un escrito de algunhas obras que hai que realizar no barrio. Estivemos vendo os planos das humanizacións que van a realizar este ano no Calvario, como son a rúa Aragón, León, Sagunto, Cataluña e Monforte de Lemos, tamén este ano van a humanizar a rúa Esperanto, a petición do Comerciantes do Calvario, e contounos que esto é un adelanto das obras que van a realizar nos próximos cuatro anos, pois despois iran as demais perpendiculares que van a Urzaiz.

Entre as peticións que lle fizemos hoxe están: a rúa Soria que o que están fancendo alí parecenos unha "chapuza", comentounos que esta obra a leva a Concellería de Benestar Social, xa que se encontra no proxecto da Galeescola (gardería). Bacheado da rúa do Cristo, bacheado na rúa Aragón, 106, quitar bolardos das beirarruas da rúa Cantabria, bacheado de algunhas pedras soltas en Urzaiz Peonil, etc.

Estivemos paseando un pouco polo barrio, xuntamente con a Concellala, Elias, Antonio, Alba e eu.

No hay comentarios:

Publicar un comentario