sábado, 8 de octubre de 2011

PRESENTACION LIBRO "O CALVARIO Un mundo de posía"

Mércores 19 de Outubro ás 20 horas.

Centro Social do Calvario (Antiga Cultural), Rúa Numancia, 7



Presentación do Libro de Poesía, con todos os poemas presentados nos nove certames que se realizaron na asociacion. Dende a Asociación de veciños do Calvario, pretendese unha vez máis impulsar o noso idioma, asim como as festas tradicionais, folclore, música en galego, aportando no noso esforzo, de potenciar estes certames de poesia na celbración do dia das Letras Galegas.
No mesmo tamén tamén podemos disfrutar con fotografias do barrio.
Este libro foi subencionado pola Deputación de Pontevedra.
Neste acto sinxelo teremos a actuación dun recital de poesía de Carmeliña Garcia, Premio Nacional de Declamación.
Tamén haberá unha exposición de fotografias antigas do barrio cedidas estas pola Asociación de Comerciantes do Calvario.
O prologo contamos con a colaboración do recoñecido periodista do Faro de Vigo, Fernado Franco.
Esperamos a vosa presencia.

viernes, 7 de octubre de 2011

Reunión con o Concellal de Tráfico, Carlos López Font

Reunión Concellal de Trafico, Carlos Lopez Font.
Venres, 7 de Outubro de 2011, ás 12:00 horas
Entre outros asuntos trataronse os seguintes:
Camiño do Pombal, poñer en unha marxen da rúa sinal de prohibido aparcar e pintar a marxen para que non aparquen os coches e deixar a zona para os peóns, dada a cantidade veciños que utiliza a rúa, en especial en horas do colexio, que teñen que andar polo medio da rúa.
Rúa Jenaro de la Fuente a caron da rúa Ramón Nieto (peonil), beirarrúa que necesita ser rebaixada no paso de peóns nese cruce.
Rúa Palencia, nº 2, solicitud dunha praza máis de aparcamento para minusválidos
Rúa Aragón, fte, o nº 58, hai un camiño en rampa que vai para os nºs. desta rúa como son o 51, 53, 55, 57 entre outros, camiño sin saída, solicitar que poñan unha sinal de prohibido aparcar no marxen dereito e pintado para os peóns, para que non aparquen os coches, xa que hai xente maior que necesita a barandilla para subir e baixar a costa, e se están os coches non a poden utilizar.
Rúa Toledo, poner a rúa nun só sentido con dirección dende Jenaro de la Fuente a Cantabria, pintar a zona, e señalización de 30 km/h, con un paso de peóns elevado, para evitar que anden a máis velocidade, tamén onde no hai beirarruas pintar a zona para que nón aparquen e asi ter un espacio libre de coches para os peóns.
Rúa Fontans, solicitamos unas horquillas para que os coches non aparquen nas zonas pintadas para beirarruas , pois nón as respetan e aparcan tendo os peóns que sair o medio da rúa con o perigo que esto conleva tamen solicitamos un paso de peón elevado para evitar a velocidade, xa que nón respetan as sinais de 30 Km/h.
Rúa Segovia: nesta rúa entrando na mesma a dereita hai unha baixada para dous aparcamentos e unha carpintería, aparcanlle os dous lados da mesma, e nón deixan as veces os veciños entrar no seu garaxe e moitas veces impiden que os camións que veñen a carpintería poder entrar a descargar ou cargar. Solicitamos que nunha marxen se poña una sinal de prohibido aparcar e pintado nesa marxen para peóns e horquillas para evitar que aparquen.
Todas estas peticións entregadas en man hoxe o Concellal de trafico, xa se habían denunciado por rexistro no Concello, con fotografias e planos explicando o que solicitábamos con toda claridade.
Esperamos que estás peticións se fagan o antes posible.
Xunta Directiva

jueves, 6 de octubre de 2011

Reunión con a Concella de Urbanismo. Carmela Silva

DEMANDAS PARA O BARRIO DO CALVARIO

Despois das obras realizadas nestes últimos catro anos, non podemos de deixar de solicitar o desenrolo total do proxecto de humanización do barrio.
Humanizacion de rúas:
 Jenaro de la Fuente( tramo c/ Aragón a Ramón Nieto), Burgos, Valladolid, Segovia y Logroño; Asturias, Numancia, Cataluña, Vizcaya, Extremadura, Dr. Carracido, Fontáns, Portela (tramo dende Martinez Garrido a Sta. Cristina)
Urbanismo:
 Desenrolo do APR – A-5-54 Toledo-1, y APR- A-5-55 Toledo-2, da rúa Toledo, ou se nón pode ser, abrir proceso de expropiación para humanización de dita rúa.
 Desenrolo do Peri-Asturias, APR – A-5-33, si nón se pode conseguir, expropiación dos terreos necesarios para a humanización da rúa Asturias.
 Desenrolo do APR-A-5-58, Extremadura, e se non pode ser, que se abra o proceso de expropiación para humanizar dita rúa.
 Desenrolo do APR A-4-28 Ceboleira.
 Dar prioridade a urbanización no APR – A-4-37 Ofimatico, Sito na zona do parque ofimático Anduriña- para poder crear unha gran zona verde para a nosa zona, xa que esta urbanización contempla a dotación de 50.000 m2 de zona verde, que entendemos ten que ser reagrupada e nón en trozos pequenos, para así ter unha gran zona de esparcimento para os veciños.
Centro Saúde
 Rúa Aragón, o Centro de saúde da Doblada quedase pequeño para tanta poboación, prometido polo Sr. Feijoo, teñen que desenrolar o Peri Aragón-Travesia de Vigo, urbanización iniciada pola Xunta do bipartito.
Centro de dia
 Moi necesario para esta zona xa que nón contamos con ningún, e hai moita xente maior que podía pasar o día neste centro e os seus familiares poderían desenrolar mellor a súa vida, a idea nosa sería instalalo no Edificio do Sanatorio Santa Cristina (O Magnolio), na rúa Sagunto, agora mesmo pechado, e un sitio emblemático o tratarse dun edificio a conservar, obra do arquitecto Pachevic.
Aparcamento rua Sagunto
 Que levaría a creación dunha praza pública que uniría a zona peonil de Urzaiz con esta plaza, AOP-19 Calvario

Bodegas Bandeira
 Retomar o tema da urbanización dun centro comercial ou posibilidade de expropiación para ser un centro de auga como o de Barreiro ou Florida, ou en centro cultural.
Local para a Asociación de Veciños do Calvario
 Local digno para la Asociación de Veciños do Calvario, ou ben que nos cedan o Centro social do Calvario agora mesmo da Xunta de Galicia..

Reunión mantida no Concello de Vigo o dia 05 de Outubro de 2011

Xunta Directiva Asociación Veciños Calvario