lunes, 13 de diciembre de 2010

Carta socios decembro 2010

Vigo, 10 de Decembro de 2010

Estimado Socio/a:
A Directiva desta Asociación lles desexa unhas Felices Festas, cos seus seres máis queridos. Esperamos que a sorte nos acompañe na Lotería do Nadal para afrontar o ano con máis alegría.
O pasado 27 de Novembro celebrouse a Cena Baile de Convivencia da Asociación, foi un éxito de participación e ambente. Este ano se homenaxeou o veciño e directivo da Asociación D. Jose Fragueiro Piñeiro, entregándolle por parte da asociación una placa pola su labor e dedicación na asociación e no barrio.Tamén o Concello fíxolle un agasallo. Este ano sorteouse ademais dun viaxe de fin de semana, tamén sorteouse un xamón.
Aproveitamos para comentaros os actos que hai previstos para estas datas.
 Ioga
Ademais do horario de 9:45 a 11:00 h. ampliase agora tamén de 11:00 a 12:15, debida a demanda fanse dous cursos, os días son luns e venres.
 Recollida de Xoguetes na campaña en Vigo, “Cada Neno un Xoguete”, inicitativa de varias Asociacións de Vigo na que colaboramos, poden deixalos no noso local, xoguetes novos ou que estean en bom estado.

 Rondalla Helios de Bembrive
Venres 24 de Decembro ás 17:30 horas, Pase por toda a zona peonil de Urzaiz, con paradas e actuacións no Mercado do Calvario

 Carteiro Real
Venres 31 de Decembro ás 12:00 horas da maña no Mercado do Calvario estará o Carteiro para recibir ascastar dos nenos/as, e haberá caramelos para eles.
 Curso de Axedrez
Descubrir o Axedrez, duración 50 horas de xaneiro a xuño, prezo adultos 20 €/mes, nenos 15 €/mes. Para información na Asociación.
Adxuntamoslle un calendario de bolsillo do ano 2011.
Sen outro particular, reciban un cordial saúdo veciñal.