martes, 28 de abril de 2009

CAMIÑO A CAMIÑO

Boas tardes a todos:

En relación á información que vos mandei a semana pasada, confirmarvos que este Domingo comenzaron as primeiras rutas do Camiño a Camiño, programa da Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo.

Este Domingo que ven faremos a ruta do Galiñeiro, considerada de intensidade ALTA. Se tedes xente interesada en anotarse, que chamen ó servicio 010 do Concello e se inscriban.

Informarvos que estamos incluindo como novidade na páxina web do Concello (www.vigo.org) no apartado de CAMIÑO A CAMIÑO, todas as fichas técnicas de cada saída, para promover ó máximo que a xente as faga en grupo ou de xeito individual. Figura información do trazado en GPS, a vista aerea do Google, recomendacións saudables e información técnica.

Tamén informarvos que dispoñemos dun fotógrafo que está a obter fotografías de cada ruta, e se colgarán no mesmo espacio para que a xente as poida descargar dende o seu ordenador, e dispor así de máis información gráfica e moi posiblemente de algunha na que saia.

Sen máis, aproveito a ocasión para enviar un saúdo moi cordial a todos e animarvos a que participedes no Camiño a Camiño como actividades medio ambiental e saudable.

Calquera cousiña que precisedes, podedes chamarme sen problema
Juan García